Skip to main content
Ribas de Sil

O artista Cuco rematou o seu mural na Praia Fluvial de San Clodio en Ribas de Sil

Por 3 Xullo, 2023Xullo 4th, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil vén de terminar o mural da Praia Fluvial de San Clodio da man do artista Javier Carrera, máis coñecido como Cuco, “tras un pequeno parón por cuestións loxísticas e pola Festa da Cereixa”, explican desde o goberno local.

Esta creación recolle os lugares máis salientables do concello, como son o Meandro da Cubela, a Igrexa de Torbeo coa súa Pía Bautismal, a Ábsida e a Torre da Igrexa de San Clodio, a Estación de Tren e o Pazo de Batanero.

Ademais, neste mural tamén aparecen algunhas das especies de flora e fauna máis destacables da contorna de Ribas de Sil, tanto da montaña como da ribeira do río Sil.