Skip to main content
O Saviñao

As piscinas do Concello do Saviñao non abren e o PSOE critica “as malas prácticas do goberno local”

Por 6 Xullo, 2023Sin comentarios

O PSdeG-PSOE do Saviñao critica a situación das piscinas municipais do Concello, que seguen pechadas a pesar de que nos concellos lindantes “sexan da cor política que sexan, e non no Saviñao”, explican.

Así, din que levan anos levando a pleno iniciativas para o seu arranxo, tanto a grande, como a de nenos, que “hai anos que non funciona”, denuncian, e adaptar as instalacións a xente con mobilidade reducida, pero denuncian que nunca se lles fixo caso.

Ademais, o alcalde do Saviñao manifestou que este 8 de xullo poderían abrir, pero os socialistas pregúntanse “en que condicións?” e tamén “para que serviron estos 4 anos, 3 adicacións exclusivas, unha delas do concelleiro de Deportes?”.

Por todo isto, denuncian “as malas prácticas de Goberno e deixamento en canto aos servizos municipais que todos merecemos”, sentencian.