Skip to main content
O Saviñao

Foi inagurada a exposición de pintura de Xosé Randolfe no Círculo Saviñao

Por 10 Xullo, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

Xosé Randolfe Vilariño inaugurou, de novo, unha exposición da súa obra pictórica no Círculo Saviñao da man dun nutrido grupo de socios e amigos que quixeron cambiar impresións co pintor.

A xornada, que estivo presentada polo presidente do Círculo Saviñao, tivo un momento no que se serviu comida para que os asistentes se animarán a conversar co pintar e compartir un momento xuntos.

Randolfe é Graduado en Artes Aplicadas na Escola “Mestre Mateo” de Santiago de Compostela, na especialidade de esmaltes (1984-89) e a súa pintura é froito dun amplo mestizaxe, no que se encontran aportacións do expresionismo, surrealismo, nova figuración, arte pop, e demais.

Esta exposición poderá visitarse en Escairón ata o vindeiro 13 de agosto no Círculo Saviñao do municipio.