Skip to main content
O Saviñao

O dúo Two in the Mirror actuou nos concertos na terraza de verán do Círculo Saviñao

Por 24 Xullo, 2023Sin comentarios

O Círculo Saviñao acolleu a actuación do grupo Two in the Mirror, formado por Noelia Álvarez e Paco Dicenta, participando así nos concertos na terraza de verán. Este dúo, explican desde o Círculo Saviñao, ofreceron un recital de boas músicas e interpretación, polo que recibiron aplausos e felicitacións do público asistente.

‘Two in the Mirror’ é un dúo de versións soul, pop, jazz e funk en inglés, castelán, italiano, portugués e hebreo; composto por Paco Dicenta (baixo eléctrico e loops) e Noelia Álvarez (voz). O dúo formouse hai once anos e desde aquela ata hoxe percorreron escenarios de toda España e Portugal.

Paco Dicenta é un músico con máis de 27 anos de traxectoria, presente en innumerables formacións de diversos xéneros musicais (jazz, soul, funk, folk, gospel, rock), actualmente con Aretha Franklin Tribute Band, Oscar Ibáñez & Tribo, Gnomon, Phantom Club, Banda de gaitas provincia de Pontevedra, En Clave de Fado, Jotinhos e moitas máis.

Pola súa parte, Noelia Álvarez colabora con diferentes formacións dende hai 19 anos, tamén de diferentes xéneros (rock, soul, hip-hop, funk, gospel) e gravou a súa voz en diferentes traballos discográficos. Na actualidade traballa con Aretha Franklin Tribute Band, Ana Belén Rodríguez García Trio, Chow e a Dilixente Reggae Band e MCarballo Band entre outros proxectos.