Skip to main content
Deportes SARRIAXALáncara

A gran final do I Torneo da Amizade entre o Puebla Futsal e o SD O Páramo terá lugar esta tarde

Por 1 Xullo, 2023Xullo 3rd, 2023Sin comentarios

A final do Torneo da Amizade entre os equipos do Páramo, o SD O Páramo, e o de Láncara, o Puebla Futsal, terá lugar esta tarde de 1 de xullo ás 19.00 horas.

O enfrontamento, que se celebrará no pavillón municipal da Pobra de San Xiao, porá fin á rivalidade sá entre os dous equipos, un de fútbol campo e outro de fútbol sala, e nesta ocasión, na final, enfrontaranse en beneficio do Puebla Futsal nos seus dominios.

Ademais da organización dos equipos, esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Láncara, o Concello do Páramo e da Deputación de Lugo.