Skip to main content
O Incio

O IV Encontro de escaladores tropicais Buxán ‘Cumvieiros’ acolleu a 40 participantes

Por 18 Xullo, 2023Xullo 19th, 2023Sin comentarios

Arredor de corenta persoas xuntáronse esta fin de semana no IV Encontro de escaladores tropicais de Buxán ‘Cumvieiros’, organizado polo Club Buxán de montaña, que realiza diferentes actividades de escalada.

Así, durante a actividade, que comezou ás 11.00 horas, na escola de Buxán do Incio, as persoas participantes subiron unha parede dunha montaña e ao mediodía compartiron un xantar no campo para seguir escalando durante a tarde.

Ademais da escalada, durante a actividade tivo lugar a proxección do documental ‘Del ártico a centroeuropa. Un viaje en bicicleta’, de Arquímedes Escrig García e acabaron compartindo unha cea amenizada polo dj La Sincereza Pinchacumbias.