Skip to main content
Paradela

Nace unha nova asociación veciñal de propietarios de leiras da parroquia Ribeira de Sucastro de Paradela

Por 13 Xullo, 2023Xullo 14th, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela promove a creación dun novo proxecto no municipio para xuntar diferentes terreos dos veciños e veciñas da parroquia da Ribeira de Sucastro.

Así, baixo o nome de Asociación de Propietarios Ribeira de Sucastro Paradela, esta iniciativa veciñal ten como finalidade xestionar conxuntamente as leiras en propiedade dos diferentes veciños e veciñas coa idea de darlles unha utilidade produtiva e protectora.

Actualmente, están en proceso de incorporar máis socios á Asociación e intentando atopar aos propietarios das leiras das que non teñen os datos, polo que deixan unha serie de números referidos a eses terreos para quen queira poida contactar con eles a través do número 651916902 ou o 611413582.