Skip to main content
O Páramo

A orquestra Nueva Fuerza actuará na III Festa da Xuventude do Páramo esta tarde

Por 7 Xullo, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

O Páramo celebra a súa XIII edición da Festa da Xuventude 2023 esta tarde a partir das 20.00 horas no campo da feira do municipio con diversas actividades.

Así, durante esta festa, amenizada polo DJ Miguel Cendoi, as persoas que se acheguen poderán desfrutar dunha cea na que haberá churrasco por valor de cinco euros ao retirar a tarxeta do bar instalado no recinto da festa.

Ademais de comida, os interesados en desfrutar deste evento, tamén contarán cun toro mecánico e colchonetas para pasalo ben durante a noite, na que tamén actuará a orquestra Nueva Fuerza.