Skip to main content
Samos

Samos busca oito persoas para a campaña de incendios de verán

Por 6 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Samos busca condutores de motobomba e brigadistas para a campaña de incendios deste verán e para o programa de prevención e defensa contra incendios forestais.

Así, abriu o prazo para solicitar oito postos de traballo, tres condutores motobomba e cinco brigadistas, concretamente un xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns de brigada, postos de traballo que xa se poden solicitar na web do Concello.

Estes labores serán a xornada completa e durante tres meses, polo que o contrato será temporal, e os postos serán asignados en función dun concurso de méritos, experiencia previa, formación e aptitudes físicas.