Skip to main content
Samos

Os organizadores do campamento Ceip Samos propoñen dúas festas da escuma a finais de xullo e agosto

Por 15 Xullo, 2023Xullo 16th, 2023Sin comentarios

Os organizadores do campamento de Samos, que forman parte do CEIP Samos, organizan para o vindeiro 20 de xullo e o 28 de agosto unha festa da escuma, ámbolos dous días para os nenos e nenas do campamento.

Esta iniciativa, que é unha sorpresa coa que non se contaba cando empezou o campamento, vén de conseguirse tralos esforzos levados a cabo polos promotores do campamento, xunto co actual goberno local.

Así, os nenos e nenas do campamento poderán desfrutar en dous días a finais de ámbolos dous meses de verán, de inchables, festa e moita música, polo que tamén poderán desfrutar as súas familias.