Skip to main content
Sarria

O Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria contará cunha gala accesible en lingua de signos

Por 4 Xullo, 2023Sin comentarios

O organizador do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, que este ano fai os seus 18 anos os vindeiros 17, 18, 19 e 20 de agosto; anunciou que este ano a edición terá unha gala de maxia especial para as persoas xordas.

Así, a Gala de Maxia Accesible en lingua de signos española será unha maneira de facer participar a todos os públicos dunha edición que o mago Roberto Lolo cualifica de “a máis especial ata o momento”, xa que é a primeira vez que se fai unha gala así en Galicia e será en Sarria.

Esta idea xorde na cabeza do organizador e está feita “con todo o cariño e amor do mundo” despois de actuar un día para a Asociación Asorlu e Anpanxoga, durante a cal puido ver canto desfrutaban da maxia persoas que normalmente non poden facelo completamente.

“Leveime tanto cariño e foi tan bonito para eles, que é o mínimo que podo facer para que desfruten dun show accesible e o pasen en grande dentro do festival”, argumentou Roberto Lolo, quen anunciou que Iria Méndez, tradutora de lingua de signos, será a elixida para a gala do Festival Internacional de Maxia.