Skip to main content
Sarria

O Partido Popular de Sarria mostra a súa disconformidade coa proposta do goberno local de aumentar o custo político

Por 7 Xullo, 2023Xullo 8th, 2023Sin comentarios

O grupo popular de Sarria considera que a proposta do alcalde de Sarria, Claudio Garrido, no pleno “supón unha suba importante dos custos dos representantes políticos para o concello”.

Explican que, de aprobarse, “estariamos ante a corporación máis cara da historia de Sarria (con bastante diferencia), a pesar de que o alcalde non vai cobrar, xa que pasa a unha situación de xubilación.

A proposta de goberno local é incrementar o gasto en retribucións ao total dos membros da corporación nun 30,46 %, un incremento do 50 % en asistencias aos plenos e xuntas de goberno e un incremento dun 100 % a asistencia ás comisións informativas.

Esta sería a primeira vez que todos os concelleiros cobran en Sarria, agás o alcalde, aínda que percibiría unha cantidade pola asistencia a plenos, xuntas de goberno e comisións informativas.

Situación económica de Sarria

Desde o Partido Popular sosteñen que a situación económica actual do concello de Sarria “non está como para aprobar estes importes e, polo tanto, dentro da nosa responsabilidade non podemos mostrar conformidade”.

Así, baséanse no informe de control de estabilidade orzamentaria elaborado pola intervención do Concello de Sarria, no que se destaca que estamos nunha clara situación de déficit: “A nivel consolidado, esta entidade presenta necesidade de financiación por importe de 9.117.235,90 euros”, poñía ese informe.

Ademais, pon que o Concello se atopa “nunha senda de incremento de gasto sen o correlativo incremento de ingresos” e que “a necesidade de financiación supera o 70 % do presuposto total”.

Por todo isto, o grupo popular conclúe que a situación económica “é o suficientemente clara para que, por responsabilidade, teñamos que mostrar disconformidade coa proposta de incremento levada a cabo polo goberno municipal”.