Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro de Rei denuncia cortes continuos de subministro eléctrico

Por 6 Xullo, 2023Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei vén de presentar unha denuncia á súa subministradora eléctrica debido aos cortes de luz que se produciron durnate a xornada do martes, “sen causa aparente” prolongándose durante hora e media, segundo aseguran, sen que se produciran circunstancias meteorolóxicas adversas.

Segundo denuncian desde o Concello, “as interrupcións de subministración, sen causa aparente, veñen sendo habituais na zona, mesmo en días nos que non se producen circunstancias meteorolóxicas adversas, e como consecuencia das mesmas prodúcense prexuízos de diversa consideración, principalmente ás empresas que ven obrigadas a interromper a súa produción, establecementos comerciais, sector hostaleiro, explotacións gandeiras, así como o servizo de abastecemento de auga municipal que funciona con bombeos impulsados con electricidade”.

Considera o Concello que esto supón “un incumprimento por parte da compañía distribuidora, tanto das disposicións legais que regulan a actividade que realiza a compañía, como das obrigacións que asumen os consumidores nos respectivos contratos coas compañías comercializadoras”.