Skip to main content
Cospeito

“O programa das festas de Muimenta deste ano está pensado para todo o mundo”

Por 6 Xullo, 2023Xullo 7th, 2023Sin comentarios

Falamos con José Manuel Rus e Uxía Rodríguez Crecente, ramistas das festas de Muimenta, sobre o traballo e a organización destas festas.

Que é o máis destacado do programa das festas de este ano?

O máis destacado do programa deste ano é que as festas dan comezo antes e será o xoves o día de inicio. Ademais este ano o programa está pensado para todo o mundo, intentado abarcar todos os gustos e tamén contaremos con actuacións de música tradicional como os Airiños da Freba que veñen o venres e a Mestura do Nete que actuarán o xoves.

Hai outras actividades ademais durante estes días en Muimenta como complemento do programa?

O xoves e o domingo pola tarde haberá xogos para os nenos e ademais teremos o concurso de tortillas tamén o xoves. No concurso de tortillas pode participar calquera persoa, non é necesario ser de Muimenta e haberá premios de aceites Abril para a tortilla máis pequena, máis grande, máis orixinal e máis saborosa que non poden coincidir entre si, e despois haberá un premio especial para o participante de maior idade e de menor idade. Non é necesario apuntarse con antelación.

CONSULTA O PROGRAMA EN DETALLE

Que significado teñen as festas de Muimenta para os veciños?

É un momento para xuntarse coa familia e amigos, unha desculpa máis para celebrar e desfrutar cos seres queridos.

Como é e en que consiste o traballo do ramista?

A parte de xuntarse para programar e ver o que se vai a facer consiste en buscar a financiación. Nós fixémolo a través da lotería de Nadal e lotería de Reis. Tamén recuperamos un debuxo das festas do ano 1992 para facer camisetas, suadoiros e bolsas que estivemos vendendo.

Trabállase durante todo o ano?

Pois comezamos ca lotería de Nadal, e despois cas camisetas e os suadoiros. O momento forte comeza a finais de maio que é cando pedimos polas casas pero a realización do programa e os concertos están dende maio do 2022 así que para a contratación si que traballamos a un ano vista.

Que é o que máis gusta e a parte principal da festa?

A sesión vermú, onde se xunta toda a xente coas súas mellores galas.

Foi fácil volver ao costume das festas trala pandemia?

Si, xa se celebraron o ano pasado, polo tanto nós xa collemos o relevo.

Como se escolle aos ramistas das festas?

Pois están sorteados desde o ano 1995, dividiuse a parroquia en catro cuartos e cada ano é un veciño de cada cuarto.

Como se subvencionan?

Ademais da colaboración dos veciños contamos coa colaboración do Concello, da area de Cultura de Deputación e da Xunta de Galicia.

Como é de fácil a recadación?

Non hai queixa, vaise levando ben. Ademais este ano por primeira vez se non estaban os veciños deixamos unha carta cun número de conta e sorprendentemente houbo xente que ingresou, tivo bastante aceptación. Ademais como novidade este ano publicaremos todas as contas, para que a xente saiba como se financian as festas e de onde saen os cartos e tamén onde se gastan.