Skip to main content
Cospeito

Gran éxito do concurso de tortillas de Muimenta, con 53 participantes

Por 7 Xullo, 2023Sin comentarios

Gran éxito de público e participación no concurso de tortillas co que se abriron as festas patronais en Muimenta. Houbo 53 para o concurso e algunha máis que quedou fóra pero que tamén estivo na mesa presidencial.

A tortilla máis orixinal foi para o dúo formado por Enzo e Alma mentres que a máis sabrosa correspondeu a Roi Rodríguez.

Tamén houbo premio para Xulia Díaz Prieto, a participante de menor idade, con 2 anos. e para Dominica Comendeiro, de 88, por ser a máis experimentada.

A que fixo Lucía García foi a máis grande, con 33 centímetros de diámetro, e a que fixo Marina Plana foi a máis pequena, con tan só 5 milímetros.

CONSULTA O RESTO DO PROGRAMA DAS FESTAS