Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei combina un maratón de fútbol sala e un tute a fin de semana

Por 16 Xullo, 2023Agosto 25th, 2023Sin comentarios

O polideportivo de Outeiro acollerá esta fin de semana o X Maratón de fútbol Sala, que dará comezo o vernes sobre as 9 da noite e rematará o domingo.

A inscrición, con límite de 24 equipos, debe facerse a través dos teléfonos 696 587 957, 658 254 963 ou 658 254 963 previo ingreso da cota que é de 150 euros para o masculino cun límite de 24 equipos.

Recibirán un premio económico os catro primeiros clasificados, ademais do mellor equipo do Concello, así como para o mellor porteiro e xogador. Este irán desde o s mil euros ata os 150.

Tamén haberá competición feminina con límite de 10 equipos e 50 euros de inscrición. Tamén haberá premio para os catro primeiros, así como para o mellor porteiro e xogador. Os premios van dos 300 ao 50 euros.

O venres a cita comezará ás 17.30 horas, cun campionato de tute, con inscrición a 20 euros parella. Os gañadores recibirán dous xamóns e dúas botellas de viño, os segundos dous lacóns e dúas botellas e os terceiros dous queixos ademais das botellas.

Domingo, terá lugar o xogo A caquiña da vaquiña, con 500 euros de recompensa, ás 18.00 horas. O prezo da parcela é de 5 euros.

Ademais, a organización establece zona de pernocta gratuíta, servizo de comida con menú a 13 euros (empanada, churrasco, criollo e bebida) e a actuación dos DJ Ello e Francis.