Skip to main content
As Pontes

A Aula CeMIT das Pontes comeza catro cursos sobre uso da tecnoloxía

Por 2 Xullo, 2023Sin comentarios

A Aula CeMIT das Pontes acolle esta semana o inicio dunha serie de cursos sobre o uso de móbil e aplicacións web.

Así, este luns, 3 xullo comezará un de Creación de aplicacións web de nivel iniciación, que se desenvolverá todos os luns, mércores e venres de 16.00 a 19.00 horas.

Tamén arranca os mesmos días pero en horario d 19.00 a 20.30 horas outro básico de uso de móbil, de 16,5 horas, no que amosarán como usar whatsapp, a cámara e a calculadora do móbil entre outras aplicacións.

Nos dous casos non haberá clases o luns 17 de xullo por festa local.

Xa o martes 4 de xullo terá lugar o curso de Iniciación á programación en Javascript, de 9 horas de duración, que se desenvolverá os martes de 16.00 a 19.00 horas.

Tamén o martes, pero en horario de 19.00 a 20.30 horas arrancará otra formación de tres semanas sobre o uso de correo electrócnico e plataformas web. Traballarán con correo electrónico, documentos, follas de cálculo, presentaacións, Google Fotos, Google Drive, Excel, Power Point, Word e OndeDrive.

Para todos eles a inscrición ten que facerse previamente no teléfono 670 892 227 ou no correo cemit.aspontes@xunta.gal.