Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle hoxe o Festival de Bandas de Música

Por 8 Xullo, 2023Sin comentarios

A vila das Pontes acolle hoxe, ás 18.30 a XXVI edición do Festival de Bandas de Música das Pontes.

A celebración dará comezo cun pasarrúas desde o Concello, que finalizará ás 19.00 no Cine Alovi, onde ofrecerán un concerto.

Participan nesta edición a Banda de Música de Cedeira, a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla e por suposto, a banda anfitrioa, a Banda Cultural e Recreativa das Pontes.