Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXARábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade remata o mes celebrando o VII Maratón de Fútsal

Por 24 Xullo, 2023Sin comentarios

Un ano máis, e xa son 7, o Insuas do Miño Rábade FS organizará o Maratón de fútbol sala de Rábade, os días 28, 29 e 30 de xullo, ao que están invitados a participar todos os equipos que o desexen.

De feito, a organización ten aínda aberto o prazo de inscrición para esta edición. Os interesados en anotarse deberán aboar 15o euros antes do sorteo.

O maratón establece tres premios económicos para os primeiros clasificados que irán en función do número de inscritos (entre 1000 e 200 euros). Tamén se dará un premio ao mellor equipo do concello. O sorteo dos enfrontamentos realizarase o día 27 de xullo.

Para informarse ou incribirse poden poñerse en contacto con Sergio (654 481 013) ou Antón (626 194 335).

O obxectivo é celebrar o venres pola tarde tamén o tradicional torneo de tute. Este iniciarase ás 17.00 horas, tamén no pavillón municipal de Rábade e ten un prezo de inscrición de 20 euros por parella. Os interesados en anotarse deberán facelo nos mesmos números que a competición deportiva.