Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Moxueira, en Riotorto, arranca as festas cunha churrascada

Por 13 Xullo, 2023Sin comentarios

A localidade de Moxueira, en Riotorto festexa a Virxe do Carme este venres e sábado.

As festas darán comezo cunha churrascada popular a partir das 21.30 hora, á que seguirá unha verbena na que participarán os grupos Unión y Fuerza e Fénix. No descanso das orquestra está prevista unha sesión de fogos artificiais.

O sábado haberá misa ás 13.00 horas e procesión, á que seguirá sesión vermú do dúo Eclipse, que porá o punto e final ás celebracións.