Skip to main content
Deportes AMARIÑAXALourenzá

A VI Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte será o sábado 26

Por 21 Agosto, 2023Agosto 22nd, 2023Sin comentarios

A Federación Galega de Atletismo e as Escolas Deportivas Lourenzá organizan, co patrocinio do Concello de Lourenzá, a VI Milla Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte que terá lugar o sábado 26 de agosto de 2023, a partir das 17.30 horas, na praza Conde Santo de Lourenzá, sendo a mesma XIV Campionato Xunta de Galicia de milla en ruta e de 1Km de menores. Poderán participar nas probas populares atletas federados ou non federados.

Haberá medallas aos 3 primeiros clasificados da milla popular masculina, feminina absoluta, máster 1 e 2. E tamén para os 3 primeiros clasificados de cada categoría do Campionato Xunta de Galicia de Milla e de 1Km de menores segundo o establecido no regulamento do campionato (circular 101-2023)
A carreira sub-8 non será competitiva, non se farán clasificacións.