Skip to main content
Barreiros

Volve a Festa do Ovo Frito de Barreiros

Por 13 Agosto, 2023Agosto 14th, 2023Sin comentarios

A V Festa do Ovo Frito de San Cosme de Barreiros terá lugar no campo de fútbol do Cascabeiro o vindeiro luns 14 de agosto. Esta cita gastronómica celebrarase como é tradicional o día 14 co obxectivo de recadar fondos para o Celta Barreiros así como pasar unha boa noite de festa.

Dará comezo ás 19.30 horas e será posible degustar patacas fritas, un par de ovos, un chourizo, pan e bebida. A noite contará con animación musical a cargo de Dúo Époka, Puzzle Manía e disco móbil.

Para asistir será necesaria a compra dun ticket no centro social de Barreiros ou aos membros da organización por un prezo de 12 euros por persoa o mesmo día e 10 euros anticipada.