Skip to main content
Barreiros

O Seminario de Estudos Os Espigueiros presenta o seu libro, Historia de San Miguel

Por 18 Agosto, 2023Agosto 19th, 2023Sin comentarios

O Seminario de Estudos Os Espigueiros vén de presentar o seu libro Historia de San Miguel, un repaso pola historia da parroquia do municipio barreirense.

“Un soño feito realidade tras moito esforzo”, dixeron dende o colectivo, “son dez anos de traballo e de ilusión”.

Este libro arrinca na época castrexa e non é unha historia lineal senon que está mesturado con diferentes episodios da historia do municipio. Trátanse temas como capelas, igrexas, plantacións de tabaco, a emigración, a gandaría e a cultura.