Skip to main content
Lourenzá

Lourenzá celebrará do 25 ao 28 as festas do Conde Santo

Por 20 Agosto, 2023Agosto 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Lourenzá celebrará dende o venres 25 de agosto e ata o luns 28 as festas do Conde Santo, unhas datas moi especiais para toda a veciñanza laurentina.

O venres 25 comezan as festas coa celebración de Lenda do Conde cunha cea baile. A noite estará ameniza coa actuación de Toxo Guayaba. Este día ás 18.00 horas celebrarase o Día da bicicleta.

Na xornada do sábado 26, celebrarase a sesión vermú amenizada pola orquestra La Favorita, que tamén será a encargada de poñer a nota musical á verbena co grupo Ritmo Bakano.

Xa pola mañá farase a saída dos Cocos ás 11.30 horas e ás 17.30 horas. Pola tarde tamén haberá cantos de taberna ás 20.00 horas.

O domingo 27 a festa estará amenizada polo grupo Mar de Arousa que amenizará a sesión vermú. E pola noite a verbena correrá a cargo do grupo Mar de Arousa e orquestra Cinema.

E pola mañá haberá unha actuación da banda de música de Lourenzá e pola tarde un torneo de fútbol ás 18.00 horas.

O luns 28, nesta última xornada festiva a sesión vermú estará amenizada polo dúo Epo-k. E será a última saída dos Cocos.

Os actos relixiosos serán en horario de costume.