Skip to main content
A Pontenova

Motoreo A Pontenova organiza esta fin de semana unha reunión moteira e unha gala de maxia

Por 31 Agosto, 2023Sin comentarios

Motoreo A Pontenova organiza para o vindeiro 2 e 3 de setembro unha reunión moteira e unha gala de maxia.

Esta xuntanza comezará ás 9.00 horas con almorzo e a entrega de obsequios na casa da cultura, que dará paso á saída da ruta mototurística con parada e consumición en Oscos e volver ata A Pontenova ao vermú a cargo de DJ Bombardero. Ao rematar haberá un xantar na praza dos Fornos servido polo Lar de Balbina.

Xa ás 19.30 horas será a actuación de maxia de Edu el Mago, e máis tarde haberá actuación polos locais de hostalaría. Despois será a cea e a festa con DJ Bombardero e Puzzle animación.

Na xornada do 3 de setembro haberá unha actuación do Mago Iago na praza dos Fornos, sesión vermú, e a presencia dos magos Joel de Cuba, Dania Díaz e o Mago Lolo. Pola noite será a esperada gran gala de maxia na casa da cultura.

Nestes dous días estarán sacando sorrisos á xente Eduardo El Mago, Dania Díaz, Mago Joel de Cuba, Mago Iago e o Mago Lolo.

Todos aqueles que queiran xantar ou cear terán que recoller os tickets no Lar de Balbina, café bar Barreiros ou na organización 617 935 556.