Skip to main content
O Valadouro

O Seminario de Estudos do Valadouro presenta un novo caderno, Ditos e refráns do Valadouro

Por 24 Agosto, 2023Agosto 25th, 2023Sin comentarios

O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto ás 20.00 horas no Castelo de Castrodouro un novo caderno, Ditos e refráns do Valadouro ilustrados por Xosé Branco e a exposición da súa obra que permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro.

Lionel Rexes, autor da recopilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro.

O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural, histórica e patrimonial do Val.