Skip to main content
O Valadouro

O Concello do Valadouro acolle diferentes programas para maiores e coidadores

Por 27 Agosto, 2023Sin comentarios

O Concello do Valadouro acolle diferentes programas da man do Concello e a Asociación Cuiden Maiores e Coidadores.

O primeiro é o Soedade Cero, que sería para un máximo de 6 persoas maiores que viven soas e terá unha duración de 4 meses.

O segundo é o de Apoio e formación ás persoas coidadoras dos seus maiores. Son 8 sesións e totalmente de balde ata completar aforo. Este será os mércores de 16.00 horas a 18.00 horas e comezará o 30 de agosto.

O terceiro programa é Tarde de Respiro para persoas que coidan dos seus maiores, e vai dirixido para aquelas persoas que son coidadoras de familiares non profresionais e para que teñan polo menos, unha tarde cada quince días totalmente libre para tomar un café, por exemplo, pasear, merendar fora da casa, tertulias, etc. Será dúas veces ao mes, cada quince días, e durará ata o mes de decembro 2023, inclusive.

Para máis información haberá que poñerse en contacto co Concello do Valadouro no teléfono 982 574 000.