Skip to main content
O Valadouro

Aberto o prazo de solicitude de libros de texto para o vindeiro curso escolar no Valadouro

Por 25 Agosto, 2023Agosto 26th, 2023Sin comentarios

O Concello do Valadouro informa que está aberto o prazo para a solicitude de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2023-2024.

Poderán realizar a solicitude os pais dos menos escolarizados no CEIP Santa María do Valadouro de 1º a 4º de Primaria.

Os interesados poderán pasar polas Oficinas Xerais Municipais, polas oficinas da Casa da Cultura ou a través da Sede Electrónica Municipal.

O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase o día 17 de xullo de 2023 e rematará o día 28 de agosto de 2023.