Skip to main content
Baleira

María do Ceo dará un concerto en Baleira

Por 11 Agosto, 2023Sin comentarios

A artista portuguesa María do Ceo dará un concerto no concello de Baleira o vindeiro domingo 13 de agosto.

Esta cita musical será ás 20.30 horas no auditorio do centro sociocultural do Cádavo.

A portuguesa achegará o seu novo traballo, Galicia Nai, quei supón unha declaración de amor a Galicia e á súa xente, pero tamén pretende ser un disco comprometido co idioma e coa muller. En total, reúne 12 poemas musicados de autoras da terra de distintas épocas e con distintas sensibilidades poéticas: Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, Manuel María, Ricardo Carvalho Calero, Pepe Velo e Armando González López.

O traballo, que é o décimo sétimo disco da cantante de Porto, conta cun prólogo de Xosé González Martínez e coa música de José e Álex Salgado á guitarra e guitarra portuguesa, respectivamente, de Fernando Campos ao baixo, de Rosalía Vázquez ao chelo, de Ricardo Morente ao violín e de Kinhos Saburido á percusión.