Skip to main content
Cervantes

O PP de Cervantes confirma o apoio da Xunta a servicios fundamentais para o municipio

Por 4 Agosto, 2023Agosto 6th, 2023Sin comentarios

O voceiro do PP en Cervantes Óscar Fernandez mantivo varias xuntanzas en Santiago de Compostela en diversas dependencias da Xunta de Galicia onde reafirmou o compromiso do goberno galego con varias infraestruturas fundamentais para o desenvolvemento do municipio.

O voceiro popular, que estivo acompañado da vicevoceira e deputada autonómica, Encarna Amigo, mantivo unha xuntanza coa directora do Agader, Inés Santé, que lles reafirmou “que a Xunta de Galicia está disposta e quere colaborar cos veciños de Cervantes na posible creación dun polígono agroforestal, sen esquecer a posta en marcha de novas zonas deste tipo no futuro”.

Óscar Fernández e Encarna Amigo tamén acadaron o compromiso do goberno galego para estudar o desenvolvemento dunha área recreativa en Donís e buscar vías de financiamento.

CERVANTES FÓRA DO CONVENIO PREVENCIÓN INCENDIOS

Noutra das xuntanzas, Óscar Fernández amosou a súa preocupación ao comprobar que Cervantes segue sen unirse ao convenio da Xunta para a prevención de incendios. “A realidade é que a Xunta pon ao dispor de Cervantes todas os medios e ferramentas necesarias en materia de prevención de incendios, pero o municipio non está unido unicamente pola desidia e falta de traballo e interese do alcalde”, sentenciou.