Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada acolle o 2 de setembro o XLVII Concurso exposición de gando vacún

Por 20 Agosto, 2023Agosto 21st, 2023Sin comentarios

A Fonsagrada acolle o vindeiro 2 de setembro o XLVII Concurso exposición de gando vacún de razas Rubia Galega e Asturiana de Los Valles.

Haberá categorías de xatos carniceiros de ata 10 meses, novillas e novillos de 10-24 meses, touros e vacas Rubia Galega e Asturiana, e un máximo de 5 reses por categoría.

Esta cita será no mercado gandeiro comarcal dentro do pavillón cuberto. Tan só poderán entrar as reses que teñan o regulamento sanitario da feira publicado na web do Concello da Fonsagrada. Habilitarase unha zona na explanda do recinto para o fando que non cumpra o regulamento sanitario. A partir das 15.00 horas do venres día 1 estará aberto o recinto para a entrada do gando.

Para participar será necesario anotarse antes do 30 de agosto nas oficina do Cocnello en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ou no teléfono 982 340 000 ou no e-mail: concello@afonsagrada.org. Hai un máximo de 100 reses.

Esta feira contará con grandes premios en metálico e trofeos, así como o premio especial ao mellor lote da Fonsagrada, mínimo 5 reses con ou sen touro.

Así mesmo, haberá unha degustación gratuita de tenreira galega suprema e ás 12.00 horas será a subasta de Acruga.