Skip to main content
Lugo

O PP recolle firmas para pedir unha solución ao aparcamento en Fontiñas

Por 5 Agosto, 2023Sin comentarios

Os populares inician unha recollida de firmas para solicitar ao equipo de goberno actuacións concretas e inmediatas para dar solución “ao grave problema de aparcadoiro que está a sofrir o barrio das Fontiñas”.

O concelleiro popular, Antonio Ameijide, recorda que os solares da rúa Primavera pasaron a ser de titularidade municipal no ano 2006, cando o Concello de Lugo asinou a acta de recepción destes dos mesmos, un de 800 m2 e outro de 58 m2, habendo nun deles unha vivenda nun estado ruinoso, totalmente rodeada e cuberta de maleza. Dende esta data permanece en estado de abandono constituíndo un serio problema de insalubridade para os veciños que ven como a maleza e os roedores proliferan.

O popular explica que estos solares xa se están a empregar como aparcadoiro, polo que acondicionalos é fundamental para mellorar o servizo que se da aos veciños.

A demolición do inmoble municipal e o acondicionamento dos solares facilita a creación de preto dun cento de prazas de aparcadoiro nunha zona que ten moita carencia das mesmas.

Asimesmo, Antonio Ameijide retoma a proposta da construción dun aparcadoiro en altura no talud do parque de Os Paxariños, en torno ao número 129 ou ben na outra zona en desnivel situada á altura do número 99-105 da avenida.

Os populares indican que este proxecto, que “na parte superior, que quedaría a nivel da beirarrúa, poderíase acondicionar un mirador con zona verde, parque infantil e biosaludable co que os veciños e veciñas de Fontiñas gañarían un novo espazo de convivencia”, tivo unha moi boa acollida no barrio cando foi presentado e que é unha alternativa moi válida para solucionar un problema que “ven de vello” no barrio.