Skip to main content
Lugo

Maite Ferreiro e Cristina López manteñen unha xuntanza coa asociación Asoporcel

Por 10 Agosto, 2023Sin comentarios

A concelleira de Participación, Cristina López, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, mantiveron unha reunión con membros de Asoporcel, unha entidade sen ánimo de lucro encamiñada á recuperación e conservación da raza do porco celta.

Maite Ferreiro destacou a importancia desta asociación que “permite dar o lugar que lle corresponde ao porco celta como patrimonio xenético e cultural de Galicia, axudando a que esta idea chegue ata as xeracións futuras”.  Maite Ferreiro tamén recalcou que “é preciso manter un contacto constante co tecido asociativo e atender ás súas reclamacións, xa que supoñen un peso decisivo na nosa economía”.

”Resulta fundamental comunicarse coas persoas que forman parte do asociacionismo en Lugo, tanto no eido veciñal como en outros ámbitos, por que son eles os que manteñen viva a actividade na cidade, nos barrios e nas parroquias durante todo o ano”, insistiu a concelleira de Cultura durante a xuntanza co colectivo.

Maite Ferreiro destacou a labor de Asoporcel á hora de “estimular e fomentar a modernización das explotacións e a profesionalización dos gandeiros e das gandeiras” para aumentar a calidade da producción e a súa comercialización.