Skip to main content
Lugo

O PP pide mellorar a seguridade na contorna da residencia das Gándaras

Por 11 Agosto, 2023Sin comentarios

O vicevoceiro e responsable da área de Seguridade, Participación e Deportes do Partido Popular Enrique Rozas denuncia “o perigo que supón para o tráfico rodado e para os peóns o cruzamento que existe xusto enfronte da residencia de maiores” xa que “existen pasos de peóns que acaban en noiros e outros que non teñen continuidade en beirarrúas”. 

Dende o PP sinalan que “é urxente dotar de beirarrúas a zona”, sinala o vicevoceiro, “para garantir a seguridade tanto dos veciños como de usuarios e traballadores que entran e saen do centro e as visitas que teñen que chegar á porta pola calzada”. 

“Compre non esquecer que na zona tamén hai varios locais de hostalería moi frecuentados polos veciños e infraestruturas deportivas que congregan a moitos pais e nenos que teñen que camiñar pola calzada ante a falta de beirarrúas” afirman dende o Partido Popular. 

Por estas razón os populares solicitan tamén ao Concello que “estudie a posibilidade de colocar unha pequena glorieta no cruzamento situado fronte á residencia para regular o gran volume de vehículos que circulan pola

zona, xa que é un dos traxectos máis empregados para ir ao Hula”