Skip to main content
Lugo

Continúan as IV xornadas de verán ‘Os catro elementos” organizadas por Adega

Por 19 Agosto, 2023Sin comentarios

Adega organiza a cuarta edición das xornadas ambientais de verán “Os catro elementos” unha actividade por cada un dos elementos, coas que achegar as persoas á natureza e a hábitos de vida máis sustentábeis. 

A xornada de aire celebrouse o pasado 29 de xullo cunha pequena andaina polo Picato para aprender a identificar as aves da zona. 

A seguinte xornada terá lugar o vindeiro luns 4 de setembro e será en torno á terra co título de O solo, ecosistema vivo e vulnerable. 

Este segunda actividade desenvolverase entre ás 17.00 e ás 20.00 e será unha práctica de iniciación á edafoloxía da man de María J. Fernández Sanjurjo, do grupo de edafoloxía da USC.  A través desta actividade os participantes poderán coñecer a formación e importancia do solo social e medioambientalmente así coma as súas ameazas actuais.

O martes cinco de setembro será a quenda do lume co título de Enerxía imprescindible. Neste caso a actividade será unha vista á instalación de autoconsumo de Xose Manuel Fernández, socio da asociación onde os participantes coñecerán as características do funcionamento do autoconsumo e da súa xestión. 

A última das xornadas será a relacionada coa auga, Ríos, as veas da terra, que se celebrará o domingo 10 de setembro en horarior de 10.00 a 14.00 no río Miño.

A actividade consistirá nunha pequena andaina dende Adai ata Ombreiro á beira do río Miño, e teremos a oportunidade de coñecer algo máis sobre o ciclo da auga na cidade de Lugo. Guiará esta actividade Branca Rodríguez Pazos, da asociación Lugo Patrimonio.

Para participar nas actividades é necesario inscribirse a través do formulario que hai na web de ADEGA (adega.gal) ou escribindo a adegalugo@adega.gal. 

Todas as actividades son de balde e contan con seguro de accidentes.