Skip to main content
Lugo

Continúa aberta en Lugo a mostra ‘Epítome’

Por 21 Agosto, 2023Sin comentarios

O Vello Cárcere de Lugo acolle a exposición Epítome, unha compilación fotográfica que homenaxea ao mundo da cultura nun punto temporal determinado como é o cambio de milenio. O seu creador, Xosé Manuel Otero, expón imaxes fixas dalgunhas das mulleres e homes que nos albores do novo milenio traballan arreo para o florecemento da cultura galega e que poden verse ata o 15 de setembro.

Maite Ferreiro indicou sobre esta mostra que a variedade de retratos de carácter informal “aportan unha diversidade de miras que só poden permanecer no tempo grazas á fotografía”, unha diversidade que, para o concelleira, “permite coñecer como son os personaxes aí retratados”. Ferreiro explicou que todas esas persoas teñen unha historia xa sabida, mais que se amplía e aporta valor coa axuda dunhas fotografías perfectamente escollidas”, creando, deste xeito, “unha gran harmonía”, resaltou a edil.

Xosé Manuel Otero (Lugo)

Iníciase no mundo da fotografía tratando fundamentalmente temas etnográficos. Coa madurez, evoluciona a temas minimalistas e abstractos, onde predomina o entorno urbano, salpicado case sempre pola figura humana. No relativo á técnica, aposta decididamente polos procesos químicos de branco e negro coma un valor engadido ao seu traballo.

As súas obras expuxéronse en museos, casas da cultura e salas particulares e públicas en A Coruña, Lugo, Ourense, Barcelona, Braga, Gijón e Madrid.