Skip to main content
Lugo

Abre o prazo en Lugo para anotarse á excursión á Feira Franca de Pontevedra

Por 21 Agosto, 2023Sin comentarios

Esta semana abre o prazo para que se inscriban as persoas interesadas en viaxar o sábado 2 de setembro, á Feira Franca de Pontevedra, a última das excursións que se enmarcan na programación de verán que ofrece a concellería de Benestar.

Para esta actividade, as e os usuarios poderán anotarse, ata o mércores, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. Hai 50 prazas dispoñibles.

As viaxes terán lugar os sábados alternos, dende o 8 de xullo e ate o 2 de setembro, sendo a Praza de Bretaña o seu punto de partida (09:00 horas) e de chegada (ás 21:00 horas).

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a semana anterior a cada saída – entre o luns e o mércores – e entregar a súa solicitude de forma presencial (entre as 09:00 e as 13:00 horas) nun Centro de Convivencia concreto, en función do destino do que se trate.