Skip to main content
Navia de Suarna

O cine na rúa continúa este xoves en Navia de Suarna

Por 16 Agosto, 2023Sin comentarios

O programa de Cine na Rúa continuará en Navia de Suarna cunha nova proxección. Será o vindeiro xoves 17 de agosto, ás 22.00 horas, na praza do Chao da Torre e proxectarase Matria.

A película trata sobre Ramona , unha muller de corenta anos que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, talvez, haxa algo novo polo que vivir. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrela, verase empuxada a mirar cara a dentro e a pensar que, talvez, haxa algo novo polo que vivir.