Skip to main content
Chantada

O PSOE de Chantada denuncia a situación na que se atopa o Centro de Saúde

Por 4 Agosto, 2023Agosto 5th, 2023Sin comentarios

O Partido Socialista de Chantada presentou unha moción ante o xerente da Área Sanitaria de Lugo, D. Ramón Ares Rico e ao conselleiro de Sanidade, D. Julio García Comesaña pola situación na que se atopa o Centro de Saúde de Chantada.

Nesta moción, os socialistas piden ao alcalde que defenda “a saúde dos veciños e veciñas mediante reclamación ante a Consellería de Sanidade para que se cubran os postos de persoal do Centro de Saúde que, na actualidade, están descubertos”, explican.

Todas estas peticións, explican, xa foron cursadas o pasado mes de xuño e agora piden que que o alcalde e o seu grupo de goberno se “sumen a esta solicitude e que o fagan de modo activo”, reclaman os socialistas.

SERVIZO HADO

Os socialistas tamén o instan a que pida a dotación dun segundo equipo para o PAC. Ademais, consideran necesario que reclame a ampliación do servizo de HADO (hospitalización a domicilio) vencellado ao hospital de Monforte, para que abranga un territorio máis amplo e que o Concello de Chantada tamén poida beneficiarse del.

Recalcan tamén que é “necesario promover o servizo de HADO, que tan importante é para todos os doentes pero sobre todo aqueles que precisan atención especializada de maneira frecuente ou crónica e que, no noso concello están privados de podela recibir no seu domicilio”, sentencian.

Por outra parte, defenden que os datos avalan a utilidade e necesidade da hospitalización a domicilio para o coidado de certos pacientes. “Estímase que anualmente se realizan dende o hospital de Monforte arredor de 1.000 visitas médicas, 2.500 de enfermaría e 500 consultas de atención telefónica con este servizo”.