Skip to main content
Pantón

O Festival Trece Roeis presentou o seu cartel oficial nun acto no que a Xunta mostrou o seu apoio

Por 7 Agosto, 2023Sin comentarios

O festival Trece Roeis de Pantón, que celebra unha nova edición os días 18 e 19 de agosto, presentou o seu cartel oficial, evento no que participou Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo, xa que este festival conta coa colaboración da Administración autonómica.

Arias felicitou á organización polo seu traballo para consolidar esta iniciativa, que “fará desfrutar ao público cun cartel moi amplo e diverso” do que destacou que “dá protagonismo ao talento galego, que se expresa por moitas canles, e a música é unha das principais”.

Resaltou que a Xunta “aposta por propostas como esta, que funcionan como un importante reclamo cultural e turístico” e suman “un atractivo máis que favorece a dinamización económica e a promoción de Pantón e de toda a Ribeira Sacra”.

O programa do venres 18 inclúe as actuacións de Reincidentes, Kaotiko, Lamatumbá, Catuxa Salom, Lucía Aldao, Tiam GZ, The Poet’s Silence, Enxeito e Tirapralá. O sábado 19 será a quenda de SFDK, Auxili, Benito Kamelas, Tribade, Sofía Espiñeira, Tregua, Monoulious DOP, Uxía Lambona e a Banda Molona e Festicultores Troupe.

Haberá outras accións complementarias vinculadas aos recursos da zona como os viños e a gastronomía, así como presentacións literarias, obradoiros e actividades para o público infantil.