Skip to main content
Pantón

Asaco Circo trae a Pantón o seu espectáculo Circo Lume este xoves

Por 16 Agosto, 2023Agosto 17th, 2023Sin comentarios

O Concello de Pantón organiza unha actividade para este xoves, 17 de agosto, a partir das 22.30 horas na praza do Concello e con entrada libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.

Trátase dunha iniciativa da compañía Asaco Circo, que traerá o seu espectáculo ‘Circo lume’ ao centro do Concello para deleitar a maiores e nenos coa súa arte entre lume.

Este espectáculo ten como obxectivo manter a atención e impresionar ao público durante a noite, constituíndo emocionantes números que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofagia, humor e trato directo co público.