Skip to main content
Pantón

As festas de Ferreira de Pantón terán lugar os vindeiros 20 e 21 de agosto

Por 18 Agosto, 2023Sin comentarios

Ferreira de Pantón celebra as súas festas este domingo, 20 de agosto, e o luns 21 con diversas iniciativas para os veciños e veciñas do municipio.

Así, a xornada comezará ás 12.30 horas cunha sesión vermú nos bares de Ferreira, que seguirá na Praza de Goián ás 14.00 horas. Xa pola tarde, haberá unha festa infantil ‘Infantilandia’ na praza do Concello e ás 21.30 horas terá lugar a festa amenizada pola Charanga KM0, a orquestra Nueva Fuerza e a Florida Band.

Con respecto ao día seguinte, o 21 de agosto, a estructura será a mesma, con sesión vermú nos bares e na Praza de Goián, así como a festa infantil pola tarde. A diferencia será na festa das 21.00 horas, na que actuarán a Charanga Tatoo e as orquestras Ritmo Joven e Galilea.