Skip to main content
Pantón

O Trece Roeis Fest tivo unha xornada de récord no seu primeiro día de celebración

Por 21 Agosto, 2023Sin comentarios

Os organizadores do Trece Roeis Fest presumiron dunha “xornada de récord” durante o primeiro día deste evento de música que tivo lugar en Ferreira de Pantón.

Así, nun comunicado agradecer ao público e a todas as bandas “os bolazos, e sobre todo a amabilidade ante os pequenos contratempos, xa que TIAM Gz non puideron realizar o segundo pase por mor das catro gotas que viñeron, sendo unha decisión estritamente de seguridade”, explicaron.

Por outra banda, desde a organización queixáronse da situación que se viviu na zona de descanso, na que a xente estaba montando festa, unha situación que “non imos tolerar e permitir que se enturbie o descanso da xente na acampada”. Así, sostiveron que “a zona de descanso é un espazo de descanso” e durante o día seguinte, estiveron máis atentos ao que sucedía nela.

Colaboración da Deputación de Lugo

Pola súa parte, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na apertura do Festival Trece Roeis e destacou a importancia desta cita, á que a Deputación de Lugo achega 7.260 euros porque contribúe a “dinamizar económica e socialmente” o municipio e a súa contorna.

“Dende a institución provincial apostamos por iniciativas que favorezan un turismo de calidade, sostible e de experiencias, con capacidade para atraer visitantes todo o ano, que coida a riqueza patrimonial e xera emprego, sobre todo no rural”, asegurou o deputado.