Skip to main content
Ribas de Sil

Os fogos de artificio sobre o río Sil porán punto e final ás Festas de San Clodio

Por 16 Agosto, 2023Outubro 17th, 2023Sin comentarios

As Festas de San Clodio rematan hoxe despois de cinco días de intensas actividades para os veciños e visitantes que se achegaron a Ribas de Sil para desfrutar dun dos municipios das Terras do Courel.

Así, durante este último día, terá lugar unha chourizada popular, ás 21.30 horas, na que os veciños poderán compartir a comida para logo ver a actuación da orquestra Yucatán e ás 22:00 horas. Xa as 23.00 horas, a Banda Folk de Ribas de Sil ofrecerá un concerto e ás 00.30 horas terán lugar os fogos artificiais desde o río.

Con estas actuacións musicais e o acto final dos fogos rematarán unhas festas que encheron a vila de persoas que se achegaron a coñecer a cultura e as tradicións das xentes de Ribas de Sil.