Skip to main content
Taboada

Un obradoiro sobre construción de fachas celebrarase o vindeiro 7 de setembro en Castelo

Por 30 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural O Carballo organiza para o vindeiro 7 de setembro o obradoiro de construción de fachas, organizado xunto coa Asociación Cultural As Fachas de Castelo que estará dirixido a nenos e adultos.

Nel, as persoas participantes aprenderán como se fai a festa máis ancestral de Taboada para así darlle continuidade ao Folión de Castelo, unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia.

Así, este obradoiro terá lugar a partir das 17.30 horas na Casa da Escola de Castelo de Taboada, inaugurando así as festas de Taboada, que se abren coa queima das fachas, unha tradición que leva celebrándose desde hai máis de 2.000 anos.