Skip to main content
Láncara

Volve a Festa da Troita a Láncara este 11 de agosto

Por 8 Agosto, 2023Agosto 9th, 2023Sin comentarios

Este 11 de agosto celébrase en Láncara a Festa da Troita, un evento no que os veciños da Pobra de San Xiao e da parroquia de Cedrón poderán degustar este produto gastronómico tradicional de Láncara.

Así, a través da Área de Cultura do Concello, colabórase conxuntamente con diversos establecementos do municipio para dar servizo á veciñanza e tamén visitantes e turistas e ofrecerlles troitas para degustar.

Estes establecementos participantes son Mesón do Neira, Xeitoso, Avenida, Mesón Don Cosme, Refugio, Convero e Taberna de Cedrón. Todos eles poñerán a disposición dos interesados as troitas que son pescadas polos mesmos veciños no río Neira.