Skip to main content
Láncara

As familias de Láncara poderán desfrutar dunha excursión ao parque acuático de Cerceda

Por 26 Agosto, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza unha actividade para celebrar o fin do verán conxuntamente co Concello de Láncara.

Esta iniciativa terá lugar o vindeiro xoves, 31 de agosto, e consistirá nunha saída e excursión ata o parque acuático de Cerceda, na Coruña.

As persoas interesadas en participar deberán comunicalo a través do número 691 175 650 e pagar unha taxa de cinco euros no caso de ser socios ou de dez euros no caso de non selo.

A saída terá lugar ás 10.00 horas da mañá na Casa Enriqueta e a hora prevista de chegada de volta será ás 19.30 horas.