Skip to main content
O Páramo

Avánzase no proxecto de construción do centro de maiores no Concello do Páramo

Por 4 Agosto, 2023Sin comentarios

Antón Acevedo, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, reuniuse co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o alcalde do Páramo, José Luis López, para tratar o desenvolvemento do proxecto de construción do centro de maiores no concello.

Arias agradeceu “a presencia do Director Xeral de Maiores para analizar as propostas técnicas, co obxectivo de facer realidade o compromiso avanzado pola conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na súa última visita ao concello do Páramo”.

Así, durante a reunión, púxose sobre a mesa as necesidades de infraestruturas e persoal técnico que faría falta para o proxecto que se desenvolverá grazas á colaboración da entidade local e a autonómica.