Skip to main content
O Páramo

Este xoves comezan as grandes festas en Friolfe, O Páramo

Por 7 Agosto, 2023Agosto 9th, 2023Sin comentarios

A parroquia de Friolfe, no Páramo, celebra as súas grandes festas na montaña e na honra de San Lourenzo o 10 e 11 de agosto, que contará con diferentes actividades para todas as persoas asistentes.

Así, o xoves 10 haberá unha misa solemne ás 13.30 horas que virá acompañada da procesión e da sesión vermú amenizada pola Orquestra Alabama, que tamén actuará durante a tarde e á noite, sendo a protagonista da festa e da verbena, na que tamén estarán os DJs Merce e Ra.

Pola súa parte, o venres 11 de agosto tamén haberá misa solemne a partir das 13.30 horas con procesión e sesión vermú, neste caso amenizado coa actuación do grupo Punto Clave, que tamén actuará durante a tarde na verbena para os veciños que se acheguen. Á noite, igual ca o día anterior, os DJs Merce e Ra poñerán o punto final á festa.