Skip to main content
O Páramo

A Peña G.V. do Páramo celebra o seu XXXIV aniversario cunha gran festa

Por 17 Agosto, 2023Agosto 18th, 2023Sin comentarios

Os vindeiros 22 e 23 de agosto celébrase o XXXIV aniversario da Peña G.V. do Páramo, que naceu de xeito informal no Concello do Páramo e da man dun grupo de amigos de Grallás e Vilar que se xuntaban para xogar ao fútbol e decidiron organizar diversos actos lúdicos.

Por isto, cada agosto celebran o seu aniversario cunha gran festa para todos os veciños do municipio, que comezará cunha churrascada ás 22.00 horas do martes 22, acompañada da festa e verbena a cargo do grupo Fussion.

Xa o 23 será o día grande das festas, que incluirá misa solemne, sesión vermú coa orquestra acordes e unha comida popular no campo da festa á que lle seguirá de novo a música da Orquestra Acordes e do DJ Miguel Cendoi.